Poemas na emigración

Páxina Anterior

Sufoco

Páxina Seguinte

v3mdiz005.html

De soidades morría na cidade,
suspirando pola vida no campo,
nas casas penumbradas entre muros,
escondido, solitario, en pranto.

As rúas asfaltadas brillando,
sen verde-vida, sen flores,
sen cheiro do orvallo matinal e
a lembranza aos poucos matando.

Camiñando as veces pro campo,
explodindo en suspiros, en dores,
contemplando extensos horizontes,
co meu peito sufocado de amores.

Camiñada rápida, ao acaso, sen guía
a tristeza e amargura que consumía,
ollo a relva relucir na lúa dourada,
cediño co cantar dos paxaros dormía.

Soñava o soño da alegre fantasía,
non sei se era ilusión ou realidade,
respirando agrestes perfumes suaves,
os perfumes das flores do medio día.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega